Din que, en torno ao 600 A.C., un tal Peisandro de Rodas cantou e contou as aventuras que o maior dos heroes gregos,Hércules, houbo de pasar para superar as probas que lle impuxeran como penitencia os deuses. Dino os múltiples autores que despois se adicaron a comentar a obra orixinal, pois ésta, por desgraza, perdeuse. Aínda que entre eles difiren en historias, personaxes e seres lendarios variados, todos coinciden no número total de episodios, coñecidos como “Os doce traballos de Hércules”.
Un destes autores sitúa o décimo traballo moi preto de nós.
Conta que os deuses lle encargaron a Hércules que construíse unha barca de
pedra e navegase ata o berce do sol, á illa de Eritia, situada máis alá de
Fisterra. Alí tiña que roubar as vacas do xigante Xerión, que pastaban baixo a
temible vixilancia de Ortro, o irmán do non menos temible Can Cerbero.