Din que, en torno ao 600 A.C., un tal Peisandro de Rodas cantou e contou as aventuras que o maior dos heroes gregos,Hércules, houbo de pasar para superar as probas que lle impuxeran como penitencia os deuses. Dino os múltiples autores que despois se adicaron a comentar a obra orixinal, pois ésta, por desgraza, perdeuse. Aínda que entre eles difiren en historias, personaxes e seres lendarios variados, todos coinciden no número total de episodios, coñecidos como “Os doce traballos de Hércules”.
Un destes autores sitúa o décimo traballo moi preto de nós.
Conta que os deuses lle encargaron a Hércules que construíse unha barca de
pedra e navegase ata o berce do sol, á illa de Eritia, situada máis alá de
Fisterra. Alí tiña que roubar as vacas do xigante Xerión, que pastaban baixo a
temible vixilancia de Ortro, o irmán do non menos temible Can Cerbero.
Din que o protagonista cumpriu a súa misión e, como non podía
ser doutro xeito, fíxose coas vacas, matou ao xigante, enterrou a súa cabeza
baixo o faro da Coruña, deixou a barca de pedra varada en Muxía e, apurado,
partiu cara o seguinte traballo, parece que a roubar as mazás do xardín das
Hespérides.
É certo que existen petróglifos que reflicten a existencia de
embarcacións prehistóricas, como os de Auga dos Cedros e os de Oia, que
evidencian o contacto cos pobos mediterráneos; e incluso que nos remiten á
Bretaña francesa, como os de A Cabeciña. Pero isto non lle quita un ápice de
interese ao mito de Hércules, que soubo valorar o saber dos canteiros galegos,
e compensar o seu evidente descoñecemento das artes marítimas cos seus
indubidables poderes de semi-deus.
Porque, tralo impacto inicial de atopar semellante artefacto
divino no medio da Costa da Morte, os carpinteiros do lugar houberon de
reflexionar sobre a conveniencia do material utilizado, chegando á inapelable
conclusión de que aquela barca, en madeira, funcionaría moito mellor. Así puido
empezar todo. Ao principio, igual fixeron un único deseño que servise para
navegar humanamente, pero dito deseño tivo que variarse segundo o uso que se
lle ía dar á embarcación. Despois entrou o mar, que non era o mesmo nas Sisargas que nas
illas Cíes, aínda que o parecese. E, finalmente, entrou o artesán,que adaptaba
cada elemento o seu xeito de traballar.
Sendo sinceros, pode que a orixe non fose exactamente esa, pero
o resultado final si coincide: o proceso de especialización e diversificación
dos modelos de embarcacións en madeira permitiu que se adaptasen a distintos
usos e usuarios; que variasen as formas do casco segundo o tramo de costa no
que ían pelexar co mar; que, dentro dunha mesma tipoloxía, reflectisen a arte
do home que lles dera forma. E así xurdiron dornas, rabelos, e traineras; e
mesmo unha gamela de Coruxo resultou non ser igual que outra de Cabo de Cruz.
Nesta diversidade radica a maior riqueza, a que perderemos se
non nos decatamos da súa valía, da súa beleza, da súa labor como reflexo dunha
forma de vida que foi a nosa, que é a nosa. E non se trata só de conservala
como restos dun pasado mítico, senón de seguir investigando e desenvolvendo
novos modelos que permitan sobrevivir este oficio con toda a dignidade que
merece, adaptándoo a novos usos e a estes novos tempos nos que, se deixamos que
a busque, terá cabida. Probablemente este sexa o traballo máis hercúleo, moito
máis que deixar unha barca de pedra na costa, para que se acabe
adaptando a outras lendas, e deixándose abalar
cada segundo domingo de setembro. Porque, como homes herdeiros de saberes e
culturas, temos o deber de evitar que, un día, alguén arranque un relato
dicindo: “Din que, a principios do século XXI, houbo nestas terras carpinteiros
de ribeira…”
A dorna é unha embarcación característica da ría de
Arousa pero que aparece tamén representada noutros espazos como a illa de Ons
ou Noalla.Podemos definila como extraordinaria en canto a funcionalidade,
economía de materiais e facilidade de fabricación. O seu reducido tamaño e o
seu escaso peso facilitaban os traballos de mantemento e as reparacións,
realizadas normalmente nas praias.
As particularidades construtivas deste barco revelan a
súa antigüidade e convérteno en algo atípico non só en Galicia senón na
península ibérica. Na súa construción úsanse moi poucas táboas e bastante
anchas, a montaxe destas faise en escarpa, tamén chamado tingladillo (unindo o
bordo superior dunha táboa sobre o inferior doutra), conseguindo unha sección
de "Y" na súa quilla e orixinando así unha canle na parte inferior do
interior do barco. Non leva cadernas curvas pero si se usan listóns ensamblados
(varengas) que serven de reforzo. A parte da proa que por enriba da auga é
vertical e remata nun pico (pinchón). É moi significativa a popa, moi lanzada
cara a atrás e cunha pronunciada inclinación. Tanto na fita como as táboas de
cubrir adoitan levar motivos decorativos xeométricos pintados en cor branca.
Segundo os estudosos, a orixe da dorna gardaría relación
con barcos escandinavos (como o bote das illas Feroe, sobre a base das
investigacións de Staffan Mörling), que poderían ter servido de inspiración aos
carpinteiros de ribeira a raiz dos ataques viquingos a Galicia dende o século
IX.A dorna usábase fundamentalmente para a captura de polbo pero tamén para a
pesca con poteira, para o marisqueo con rastro, etc. e normalmente era manexada
por unha soa persoa aínda que podían participar máis mariñeiros, dependendo da
súa eslora.
Levaban vela de relinga pero era frecuente, así mesmo, o
aparello de vela ao terzo, cangrexas e nos últimos anos de propulsión eólica
usouse a vela latina (xusto antes da que se lles incorporase o motor). Este
exemplar do museo é unha dorna polbeira, que é máis pequena que o resto das
dornas: a xeiteira ou a merca por exemplo. Habitualmente as polbeiras
alcanzaban os catro ou cinco metros de eslora pero no noso caso é mesmo mais
pequena, chegando só os 3,38 m.
La dorna es una embarcación característica de la ría de
Arosa pero que aparece también representada en otros espacios como la isla de
Ons o Noalla.
Podemos definirla como extraordinaria en cuanto a
funcionalidad, economía de materiales y facilidad de fabricación. Su reducido
tamaño y su escaso peso facilitaban los trabajos de mantenimiento y las
reparaciones, realizadas normalmente en las playas.
Las particularidades constructivas de este barco revelan
su antigüedad y lo convierten en algo atípico no sólo en Galicia sino en la
península ibérica. En su construcción se usan muy pocas tablas y bastante
anchas, el montaje de estas se hace en escarpe, también llamado tingladillo
(uniendo el borde superior de una tabla sobre el inferior de otra),
consiguiendo una sección de “Y” en su quilla y originando así un canal en la
parte inferior del interior del barco. No lleva cuadernas curvas pero sí se
usan listones ensamblados (varengas) que sirven de refuerzo. La parte de la
proa que por encima del agua es vertical y remata en un pico (pinchón). Es muy
significativa la popa, muy lanzada hacia atrás y con una pronunciada
inclinación. Tanto en la cinta como las tablas de cubrir suelen llevar motivos
decorativos geométricos pintados de color blanco.
Según los estudiosos, el origen de la dorna guardaría
relación con barcos escandinavos (como el bote de las islas Feroe, en base a
las investigaciones de Staffan Mörling), que podrían haber servido de
inspiración a los carpinteros de ribera a raíz de los ataques vikingos a
Galicia desde el siglo IX.
Se usaba fundamentalmente para la captura de pulpo pero
también para la pesca con potera, para el marisqueo con rastro, etc. y
normalmente era manejada por una sola persona aunque podían participar más
marineros, dependiendo de su eslora.
Llevaban vela de relinga pero era frecuente, así mismo,
el aparejo de vela al tercio, cangreja y en los últimos años de propulsión
eólica se usó la vela latina (justo antes de que se les incorporase el motor).
Este ejemplar del museo es una dorna polbeira, que es más
pequeña que el resto de las dornas: la xeiteira o la merca por ejemplo.
Habitualmente las polbeiras alcanzaban los cuatro o cinco metros de eslora pero
en nuestro caso es incluso más pequeña, llegando sólo los 3,38 m.
Dornas de miembros de la Asociación Sueste de Moaña,
navegando por la Ría de Vigo.
BIBLIOGRAFÍA:
Mora, Ricardo. 1965. Hombres y dornas. VigoMörling, Staffan. 2005. Lanchas e dornas: A estabilidade cultural e a morfoloxía das embarcacións na costa Occidental de Galicia. Xunta de Galicia.
Blanco, Jesús, 2007. Guía das embarcacións tradicionais galegas. Vigo: Nigratrea.
csl.
No hay comentarios:
Publicar un comentario